O Concello da Laracha acomete a limpeza e o acondicionamento da parcela que alberga o Menhir de Erboedo

Os traballos son desenvolvidos baixo control arqueolóxico.

O Concello está a acometer labores de limpeza e acondicionamento na parcela na que se atopa o menhir de Erboedo, o único exemplar deste tipo do que se ten constancia na Costa da Morte e que forma parte do patrimonio municipal.

Os traballos, que se realizan baixo control arqueolóxico, consisten na roza da vexetación e limpeza do contorno coa fin de preservar a visibilidade do menhir easegurar a súa correcta integración paisaxística.

O obxectivo final é poñer en valor este destacado elemento para que se atope nas mellores condicións posibles para animar á veciñanza a visitalo e coñecer o legado histórico larachés.

Con esta iniciativa o Concello reafirma o seu compromiso coa protección, conservación e difusión do patrimonio cultural do termo municipal, promovendo ao tempo o coñecemento da historia local e fomentando o turismo sostible vinculado aos bens culturais.

Comparte éste artículo
No hay comentarios