Arteixo Futuro propón facer de Arteixo unha ‘cidade lúdica’ para as infancias

Plantexan un urbanismo público adaptado, pacificación do tráfico e peonalización de máis rúas para garantir o xogo e a interacción

A A plataforma Arteixo Futuro ven de propoñer unha “revolución” no urbanismo público do municipio para achegarse aos principios das chamadas “cidades lúdicas”, un concepto que cada vez máis arquitectos, sociólogos e psicopedagogos como Francesco Tonucci, reivindican para facer espazos máis adaptados ás xeracións mozas.

Este modelo parte da necesaria participación infantil e adolescente, non como retórica, se non a través de consellos regulares onde nenas e nenos expoñen as súas inquedanzas, necesidades e peticións. Isto tamén entronca coa declaración de “Cidade Amiga da Infancia” de UNICEF, á que podería optar Arteixo a medio prazo.

Así, dende Arteixo Futuro sinalan que actuacións como pacificar o tráfico, peonalizar rúas ou facer seguros os camiños cara os centros educativos son políticas que se poderían aplicar xa na localidade, e como exemplo poñen a zona escolar de Ponte dos Brozos, onde poucas veces se respeta o límite de 20 quilómetros/hora e non existe unha verdadeira mazá de seguridade.

A pesares de contar con parques infantís, estes respostan a unha lóxica urbana, deixando de lado a natureza, polo que outra das iniciativas é esa “reconexión” empregando máis materiais naturaies e respectando a contorna, como sucede no Paseo Fluvial.

O think tank local cre que esta visión fará de Arteixo unha vila máis adaptada, sen esquecer ao conxunto dos seus núcleos e as súas particularidades, dende Larín ata Meicende, onde as eivas son moi evidentes e actuacións sinxelas como ir ao colexio convértense nunha ginkana de tráfico e falta de beirarrúas.

Qué é Arteixo Futuro?

Xurde como plataforma veciñal para plantexar ideas e propostas que permitan mellorar Arteixo e o conxunto dos seus núcleos habitados. Primeiro nunha contorna dixital, cunha comunidade de ducias de veciñas e veciños, tamén persoas traballadoras no municipio.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios