As entidades veciñais:
María Rosalía Rita de Castro, Agra da Riba, Lamas de Prado – Castiñeiro, As Penas – Fervedoira, Barrio Paradai, Oito Lugares Santa María de Bóveda, Coeses Agro Maior, San Pedro de Soñar, Cruceiro San Lorenzo de Recimil e Rúa Alta, asinantes deste comunicado desexamos trasladar á cidadanía a nosa decisión conxunta de abandonar a Federación de AA.VV. “Lucus Augusti”. Vémonos na necesidade de tomar esta medida debido á gravidade dos feitos acontecidos durante a Feira de Produtos do Campo e Artesanía da Milagrosa, celebrada o pasado 24 de maio de 2025, que nos causaron un fondo malestar e una grande preocupación.
Durante o acto inaugural da devandita feira, dúas representantes electas do concello de Lugo foron impedidas de acceder ao espazo en condición de concelleiras alegándose razón de afinidade ideolóxica. Trátase dun veto institucional inaceptable nunha sociedade democrática, máis aínda cando se produce nun acto financiado con fondos públicos é aberto á cidadanía.
O que para algún podería interpretarse como un incidente puntual, para nós representa unha vulneración directa dos dereitos fundamentais recollidos na Constitución Española. A participación institucional non pode estar condicionada por simpatías políticas. Todas as persoas elexidas democraticamente teñen dereiro a asistir e participar dos espazos común sen ser discriminadas.
Ademais, a reacción da Federación Lucus Augusti ante este feito foi inexistente. Nin se emitiu una condena pública, nin se abriron canles de diálogo ou autocrítica. O silencio institucional non só é decepcionante: é una forma de complicidade que contribúe a normalizar comportamentos excluíntes.
Durante anos, as nosas entidades traballaron con independencia, pluralidade e vocación de servicio público. Colaboramos con administraccións de todos os signos e puxemos por diante os intereses da veciñanza. Non podemos continuar nunha estructura que se afasta destes valores, que se pecha ao diálogo e que transmite unha imaxe de sectarismo incompatible coa convivencia democrática.
A nosa decisión é tamén una chamada de atención ó conxunto do tecido asociativo e ás administraccións públicas: cómpre revisar os mecanismos de participación, garantir a neutralidade nas actividades financiadas con diñeiro público e blindar o dereito da cidadanía a estar representada en todos os espazos sen exclusións.
As asociacións asinantes comprométense a seguir traballando de forma coordinada e autónoma, promovendo espazos veciñais, inclusivos, colaborativos e abertos a todas as persoas e entidades que compartan estes principios. A nosa saída da Federación non implica un afastamento da acción social, senón una reafirmación dos valores que nos definen: pluralidade, responsabilidade institucional e defensa activa da democracia participativa.