Luis Menor: “O Rally de Ourense é provincia, parte da nosa identidade”

13.00 H.- PRESENTACIÓN 58º RALLY DE OURENSE RECALVIO presidente provincial, Luis Menor, participa na presentación do 58º Rally de Ourense. Tamén participan Manuel Pardo Cid (Delegado da Xunta en Ourense), Antonio Rodríguez Troitiño (Presidente Federación Galega de Automobilismo), José Vicente Medina (Vicepresidente da Federación Española de Automovilismo), Aníbal Pereira Novoa (Tenente de Alcalde de Ourense), entre outras autoridades e patrocinadores do Rallie. Na sede da Confederación Empresarial de Ourense (praza das Damas).

O presidente provincial ratificou o apoio da Deputación a este evento deportivo que é “un dos nosos grandes tesouros no ámbito do patrimonio deportivo e turístico”.

O presidente provincial, Luis Menor, presentou no día de hoxe a edición número 58 do Rally de Ourense, que se celebrará ao longo da fin de semana do 13 e 14 de xuño. A proba chega a catro novos concellos, A Arnoia, Ribadavia, Cenlle e San Amaro, ademais de Celanova, Toén, Taboadela, Amoeiro e A Merca que repiten este ano na folla de ruta.

Durante o acto Menor manifestou que “o Rally de Ourense leva 58 edicións forxándose como un dos nosos grandes tesouros no ámbito do patrimonio deportivo e turístico” e rememorou como aqueles visionarios como “Lalao” (Estanislao Reverter), Alfonso Bouzo, J. Luis Outeiriño, Emilio Pérez ou Antonio Fraga, entre outros, decatáranse no 1967 do potencial que tiñan entre as mans e organizaran a primeira edición.

Durante o acto, Luis Menor reivindicou que “o Rally de Ourense é provincia, moito mais que un evento deportivo, é parte da nosa identidade”, destacando que este é un dos grandes motivos polo que “a Deputación de Ourense sempre estará ao seu carón”.

Luis Menor aproveitou para agradecer á Escudería Ourense e a todos os patrocinadores e colaboradores o seu empeño en “manter un evento que nos enche de orgullo a todos os ourensáns” e lembrar que os representantes das institucións “seguiremos contribuíndo a engrandecer a pegada do Rally de Ourense”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios