A representación sindical da Policía Local de Pontevedra responde sobre a liorta de Barcelos e as declaracións de Eva Villaverde

En primeiro lugar queremos dar o “PARABÉN” a todos os membros das FFCCS (Policía Local e Policía Nacional), pola pronta resposta á liorta ocorrida na Praza de Barcelos na tarde do día 03 de Xuño de 2025, onde coa súa rápida intervención procederon á detención de catro persoas implicadas. Que estas persoas no seu intento de fuxida do lugar da liorta foron localizadas por axentes policiais na rúa Aduana procedendo á súa detención para por a disposición xudicial, mentres outros axentes continuaban con labores de inspección, identificación de testemuñas e outros participantes, recuperouse unha das armas brancas utilizadas (un coitelo de grandes dimensións). E como non! estes axentes tamén asistiron nun primeiro momento ás vítimas da agresión ata a chegada dos servizos sanitarios.

Todo isto non fai mais que deixar claro que estes sucesos son mais habituais do que din dende o Concello xa que quedan reflectidos nos correspondentes informes de intervención, existindo tamén informes policiais que advirten da presenza de xóvenes que manifestan a súa pertenza a bandas latinas pero continúan facendo oídos xordos e repetindo como si dun mantra se tratase que Pontevedra é unha cidade segura.

Pero en relación ás declaracións dicir que:

O corpo da Policía Local destaca polo seu labor preventivo, proximidade cidadá e coordinación coas distintas Forzas e Corpos de Seguridade.

En resposta a recentes declaracións públicas da concelleira Eva Villaverde, que sinalaban que a seguridade cidadá é «competencia da Policía Nacional», o Concello de Pontevedra debería poñer en valor o traballo indispensable, multifacético e altamente especializado da Policía Local na protección da convivencia e a seguridade no noso municipio

Así ás toas, nestes últimos ciclos de traballo pódense destacar:

-Un detido por atentado despois de ser detectado por segunda vez nun coche con condutor positivo en alcol.

-Un detido por agredir a Unha muller nun bar sen motivo nin relación aparente e romper a lúa do patrulla ao resistirse á detención.

-Un detido por atracar e ferir cun chave de parafusos nun bazar.

-Un detido por reclamación xudicial tras identificación de seguridade rutineira.

-Un detido por reclamación xudicial do q xa tingamos coñecemento.

-Un detido e Incautación de drogas ferramentas e pasamontañas para perpretar roubos,

-Un detido por tenza de drogas e evidencias de menudeo.

-Os 4 detidos de onte despois de tres apuñalamentos.

Seguro que nos esquezemos de algunha intervención máis porque so falamos de memoria

Contribucións diarias da Policía Local en materia de seguridade:

– Vixilancia de espazos públicos (parques, colexios, zonas comerciais). – Mediación en conflitos veciñais e atención a vítimas de violencia de xénero .

– Control de orde en eventos culturais e festivos. – Xestión do tráfico, redución de accidentes e protección de contornas escolares.

– Campañas de concienciación sobre alcol, drogas e velocidade.- Alto grao de colaboración coa Policía Nacional e Garda Civil .

– Préstase especial atención nas denuncias e colaboración cidadá para identificar riscos e necesidades específicas de cada zona.

A seguridade cidadá é unha tarefa compartida.

Os axentes traballan 24 horas ao día, 365 días ao ano, con profesionalismo e vocación de servizo, xa que como saben dende o Goberno municipal a merma de efectivos na rúa así como no total de traballadores, fan que cada día sexa maior a carga de traballo podendo chegar a repercutir na calidade do servizo os cidadáns, así como na seguridade dos propios policías.

Negar o seu papel os policías, non só desmotiva a quen arrisca a súa vida por todos, senón que desinforma á cidadanía sobre a estrutura real da súa protección, lembrar que a Lei Orgánica 2/1986 recoñece as competencias da Policía Local en materia de seguridade pública, orde cidadá e prevención da delincuencia.

Desde a representación legal dos traballadores faise un chamamento para evitar declaracións baleiras de contido por parte da concelleira, que debilitan o sistema de seguridade e confianza dos traballadores por parte da cidadanía e reiteran o seu compromiso para establecer conversacións para poder chegar a negociar o que é xusto para este corpo policial e así, poder garantir a paz social. Convídase á Concelleira a que poña data para unha reunión cos representantes da Policía Local.

A Policía Local de Pontevedra, ese persoal que non fai Seguridade Cidadá”

Comparte éste artículo
No hay comentarios