Tereixa Fernández, voceira dos nacionalistas, sinala que “ o labor que fixo o noso grupo cando participamos no goberno ve agora os seus froitos”.
O BNG de Fisterra vén de reivindicar o seu traballo nas dúas ordenanzas que foron aprobadas polo Pleno da Corporación o pasado xoves 5 de xuño: a de autocaravanas e a de protección de camiños e vías públicas municipais (camiños forestais). Os nacionalistas lembraron que os trámites destas dúas normativas municipais xa foron impulsados cando o BNG estaba no goberno local no anterior mandato.
A voceira municipal do BNG , Tereixa Fernández, afirmou que “o labor que fixo o noso grupo cando participamos no goberno ve agora os seus froitos”.
A concelleira nacionalista subliñou a importancia de queFisterra conte coas ordenanzas agora aprobadas. “Sempre defendemos que era necesario dispoñer dun marco legal que regulase tanto as caravanas como os camiños forestais, e por iso neste mandato insistimos en preguntar en todos os plenos como ían os trámites”, sinalou Fernández, que destacou que no caso das autocaravanas “estabamos a sufrir problemas de tráfico e de acampadas sen autorización, polo que a necesidade dunha ordenanza era evidente”.
No tocante á ordenanza de protección de camiños forestais, a portavoz do BNG manifestou que “coa norma aprobadahaberá unha seguridade xurídica para que os camiños nos quese producen traballos madereiros queden no mesmo estadologo dos labores das empresas do sector”.