Onte sábado 7 de xuño iniciouse oficialmente a colaboración de Guido Guía co Concello de Ortigueira, Turismo de Ortigueira, o Festival do Mundo Celta e o Xeoparque Cabo Ortegal.
Nesta primeira actividade, “Descubrindo Ortigueira con Guido Guía” asistiron 64 persoas de toda Galicia (Ourense, Pontevedra, Compostela, Lugo, Begonte, Foz, A Coruña, Oleiros, Ferrol e máis procedencias) que desfrutaron dun paseo guiado polos espazos da vila e súa contorna máis relacionados co festival do que Guido é un infalible participante dende o ano 2003.








