Mar Carballas: “Outro fracaso do goberno municipal PSOE/BNG. 600.000 euros á deriva: O Coliving de Artistas de Lugo, pechado e sen rumbo un ano despois”

A concelleria popular, Mar Carballas, lembrou como o coliving de artistas se anunciou  como “unha experiencia innovadora para apoiar a creación artística e revitalizar o barrio do Carme”.

“Un ano despois, o edificio está pechado, sen actividade e mesmo con telarañas nas manillas das portas o que confirma que ten cero uso e utilidade. Nin hai programación, nin contido coñecido e de feito nas redes sociais a última entrada é do 29 de xullo de 2024.

Os populares lamentan que non exista ningún proxecto que xustifique o investimento de preto de 600.000 euros na construción e posta en marcha este equipamento, situado na ronda do Carme, á beira do camino primitivo.que se presentou como vangardista

Desde o Grupo Popular lembran que esta non é unha situación puntual, senón que forma parte dun modelo de xestión no que PSOE e BNG priorizan os proxectos sen contido fronte ás necesidades reais da veciñanza. “Temos o Coliving pechado e sen uso, o edificio Impulso Verde infrautilizado, As Caldas sen ocupación real e un carril bici que apenas se utiliza”, enumerou Carballas.

Por último a popular lamentou que “socialistas e nacionalistas pidan un esforzo aos lucenses incrementándolles os recibos para pagar os seus caprichos ou construir edificios sen contido, nin programación coñecida en alusión ao coliving.

Comparte éste artículo
No hay comentarios