Antonio Ameijide insisten en que un goberno “realmente preocupado” polos maiores da nosa provincia “poría en marcha de inmediato estas infraestruturas en lugar de realizar promesas baleiras de contido xa que a realidade é que non as abren” negando un servizo fundamental a 153 da provincia, que son as prazas que non se poñen en servizo en toda a provincia.
Os deputados do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide e Clemente Iglesias, o voceiro en Meira, Óscar Fernández, e concelleiros mantiveron unha xuntanza de traballo na que analizaron a situación do centro de día provincial, que PSOE e BNG na Deputación manteñen pechado dende 2021.
O voceiro provincial, Antonio Ameijide, sinala que este centro de día conta con 20 prazas que “PSOE e BNG néganse a poñer en servizo” impedindo así a conciliación de 20 familias.
Ameijide denuncia que “PSOE e BNG seguen a negar a atención prometida aos veciños da provincia” porque non só están a negar a posta en servizo destas 20 prazas do centro de día de Meira, “a realidade é que o negan en toda a provincia xa que se negan a poñer en servizo as 153 prazas de atención a maiores nos oito centros de día provinciais (Trabada, Castroverde, A Fonsagrada, Pol, Ribas de Sil, Navia de Suarna, Meira e Pedrafita do Cebreiro) que están pechados desde 2019”.
Dende o Grupo Provincial Popular afirman que dende o goberno provincial deberían ter posto en funcionamento os centros de día ao mesmo tempo que as residencias, algo que non se produciu “provocando un prexuízo a toda a provincia xa que se trata dun servizo prometido e comprometido por PSOE e BNG que negan a toda a veciñanza”.
Pola súa banda, o voceiro do PP en Meira, Óscar Fernández, explica que para Meira “trátase dun servizo fundamental para axudar a 20 familias que se poderían beneficiar deste servizo, axudando notablemente á facilitar a conciliación familiar”
Neste senso, Óscar Fernández denuncia que “non poñer en servizo o centro de día provincial de Meira supón que esta infraestrutura, construída con recursos públicos, leve anos sen uso ou cun uso moi por debaixo para o que foi concibida; xa que unicamente están a prestar o servizo de residencia”.
A posta en marcha dos centros de día provinciais non terían un custo excesivo para as arcas provinciais xa que moitos dos servizos serían compartidos coa residencia polo que o gasto en calefacción, luz ou funcionamento serían os mesmos e case todo o persoal sería o mesmo, polo que non se trata dun problema económico, senón dunha falta total de vontade política de PSOE e BNG.