Estas instalacións, que poderían ser un espazo de referencia para o goce dos veciños e visitantes, presentan unha deterioración evidente
A ponte ten unha pasarela sen chan, cun valo de prohibido o paso, pero polo que os adolescentes cruzan por encima da estrutura metálica coas consecuencias que isto pode carrexar, o merendero descoidado, con mobiliario en mal estado e unha limpeza insuficiente, papeleiras sen baleirar, un abandono xeneralizado. Esta situación non só afecta á estética da contorna, senón que tamén supón un risco para a seguridade de quen o frecuenta.






Desde Unión de Cidadáns Independentes esiximos ao Concello de Lugo que actúe de inmediato para rehabilitar estas zonas, garantindo a súa conservación e accesibilidade. Sendo fundamental investir na mellora destas instalacións para que os lucenses poidan gozar dun espazo digno, seguro e funcional, que fomente o lecer e a convivencia, nunha contorna privilexiada da nosa cidade.
Desde UCIN Lugo, seguiremos defendendo o benestar dos veciños e a posta en valor do noso patrimonio natural e recreativo.