O reitor da UDC, Ricardo Cao, participa no acto de posta en marcha daalianza universitaria europea EMERGE, da que forman parte nove universidades europeas.
En plena conmemoración do 40º aniversario da adhesión de España á Unión Europea, a Universidade da Coruña (UDC) vén de dar un paso “importantístimo” no seu proceso de internacionalización, tal e como destacou o reitor Ricardo Cao na súa intervención no acto oficial de lanzamento de EMERGE, a nova alianza universitaria europea que reúne a nove universidades de rexións periféricas do continente.
A UDC convértese así na primeira universidade galega en formar parte da estrutura fundacional dunha alianza universitaria europea financiada, consolidando deste xeito o seu papel como axente activo na construción do Espacio Europeo de Educación Superior.
O evento, celebrado na Universidade de Limerick (Irlanda), reuniu a reitores erepresentantes institucionais das universidades socias, así como a autoridades europeas e diplomáticas. Entre as persoas asistentes destacaron o ministro de Educación de Irlanda e embaixadores dos países representados nesta alianza: Francia, Noruega, Alemaña, Eslovaquia, Grecia, Chipre, Irlanda e España.
Durante a cerimonia, o reitor da UDC, Ricardo Cao, que foi o encargado de presidir o acto de firma da Carta de Valores Comúns do EMERGE, subliñou que este documento recolle o noso compromiso e o marco de acción no que se moverá a alianza. “Arraigada na inclusión e a igualdade, a excelencia académica e a innovación, a sustentabilidade e a responsabilidade, nesta carta recollemos o impacto social como a nosa primeira misión”, destacou.
Uns principios reitores, engadiu Cao, que reflicten “a nosa convicción de que a educación debe ser transformadora, de que o coñecemento debe crearse conxuntamente e de que a diversidade é unha fortaleza que debemos celebrar e protexer”.
A universidade ao servizo da comunidade
Este fito enmárcase nunha estratexia más ampla da UDC, na que a internacionalización, a mobilidade, e a inclusión son piares fundamentais.
Unha folla de ruta que inclúe: a implantación de novas titulacións adaptadas ás necesidades reais da contorna social e económica; a internacionalización da oferta académica; e o impulso á formación permanente, con programas como as microcredenciais, que permiten adquirir competencias específicas de forma flexible e accesible ao longo da vida adulta.
Ademáis, a alianza desenvolverá accións clave, como a creación de redes de colaboración con entidades sociais, empresas e administracións locais, odeseño de novos programas educativos europeos centrados en retos sociaisreais, e a promoción dunha mobilidade máis inclusiva e flexible, que facilite oacceso a experiencias internacionais a persoas que tradicionalmente tiveron menos oportunidades.
Unha transformación en catro piares
A alianza EMERGE artéllase en torno a catro clústeres temáticos que guiarán as estratexias institucionais das nove universidades que a integran. Estes piares —inclusión e solidariedade; sustentatibilidade e transición dixital;resiliencia e benestar, e plurilingüismo e multiculturalismo— abordan osgrandes desafíos sociais desde unha perspectiva interdisciplinar.
Esta visión parte da idea de que o desenvolvemento científico e tecnolóxico non ten sentido sen unha profunda humanización do coñecemento, sen un pensamento crítico que o acompañe e sen unha conexión real coas persoas eos territorios. Por iso, EMERGE aposta por un modelo que combine excelencia académica con compromiso social, e que sitúe ás comunidades no centro dasúa misión.
Galicia no corazón de Europa
A participación da UDC en EMERGE permite reforzar a súa proxeción internacional e sitúa a Galicia no centro da transformación educativa europea. Nun momento clave para o futuro da Unión, esta alianza representa unhaoportunidade única para que o coñecemento xerado nas universidades contribúan activamente a construir unha Europa máis inclusiva, sustentable e cohesionada.
Nove universidades de oito países da UE
O eurocampus EMERGE reúne a nove universidades de oitos países cun plan para construír un futuro europeo máis conectado e integrador mediante a oferta de titulacións conxuntas e facilitando ao estudantado e ao persoal a posibilidade de estudar e traballar en cada un dos nove campus.
EMERGE está formado pola Universidade da Coruña (España), Université Rennes 2 (Francia), Université Bretagne Sud (Francia), University of Inland Norway (Noruega), Univerzita Mateja Bela (Eslovaquia), Europa-Universität Flensburg (Alemaña), Neapolis University Pafos (Chipre) e Democritus University of Thrace (Grecia).