A Xunta colabora coa primeira concentración moteira de Trabada, que se celebrará os días 21 e 22 de xuño

A Xunta de Galicia colabora coa I Concentración Moteira de Trabada, que se celebrará na localidade os vindeiros 21 e 22 de xuño. O encontro está organizado polo motoclub A Cadeira, de recente creación.

Unha das citas máis esperadas será a exhibición acrobática do piloto profesional Emilio Zamora, que terá lugar a partir das 19.30 horas do sábado no parque de San Roque. Tamén se ofrece un simulador de pilotaxe de moto GP, música en directo ou unha ruta turística o domingo pola mañá. Habilitarase ademais unha zona de acampada exterior e interior.

Comparte éste artículo
No hay comentarios