Ameijide explique que nestes meses o Castelo de Doiras só estivo aberto ao público no día da súa inauguración pero, dende entón, “na propia páxina web do Concello de Cervantes figura como ‘pechado temporalmente’ e non se pode acceder ao seu interior, a pesar de que onte anunciaron que o abrirán unhas poucas hora durante a fin de semana”.
Os deputados do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide e Jesús Núñez, xunto ao voceiro do PP en Cervantes, Óscar Fernández, achegáronse ata o Castelo de Doiras e comprobaron como “segue pechado ao público”.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, explicou que “hai máis de medio ano que o PSOE e o BNG, dende o goberno da Deputación de Lugo, entregaron un millón de euros ao Concello de Cervantes para mercar este Castelo, nunha operación inmobiliaria, cando menos, cuestionable e agora vemos como pasados todos estes meses segue pechado”.
A realidade é que a compra deste Castelo por parte do Concello de Cervantes estivo envolto en moita polémica xa que mercouse a unha Fundación controlada por un alto cargo socialista que, con esta venda, acadou un beneficio neto de 700.000€ aproximadamente.
En todos estes meses, o Castelo de Doiras só estivo aberto ao público no día da súa inauguración pero, dende entón, “na propia páxina web do Concello de Cervantes figura como ‘pechado temporalmente’”.
Pese a esta polémica venta e a que “tanto Deputación como Concello de Cervantes anunciaron que todos os veciños de Cervantes, da comarca e os turistas o poderían visitar a realidade é moi diferente”.
“É curioso como cando o Castelo pertencía a unha Fundación privada podía visitarse, incluso con visitas organizadas pola propia Deputación, e agora que pertence a todos os veciños de Cervantes está pechado”, lamentou Ameijide.
Ante esta situación, o voceiro popular amósase contundente: “queda confirmado que PSOE e BNG tiñan un único obxectivo: entregar un millón de euros a unha fundación controlada por un alto cargo do partido socialista”.
Por este motivo, Antonio Ameijide pregunta “que intereses había para mercar este Castelo a unha fundación dirixida por un socialista? PSOE e BNG teñen que explicar publicamente os motivos de teledirixir este millón de euros para manter pechado este Castelo”.
“Non entendemos como a Deputación de Lugo financia compras millonarias, como este Castelo, para que despois o teñan pechado”, sentenciou.