«Modificarase parte da rúa Cambria para que as crianzas poidan acceder ao colexo Rosalía, a través dun entorno amable e seguro», dixo Rubén Arroxo.
O Colexio Rosalía de Castro beneficiarase do plan de seguranza dos entornos escolares posto en marcha pola Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno de hoxe que o Goberno de Lugo adxudicou as obras, investindo un total de 124.078,45€ cos que se creará unha
plataforma única con zonas axardinadas e bancos «creando un novo espazo de convivencia como o que podemos ver no norte da cidade, na contorna do Colexio Luís Pimentel».
O CEIP Rosalía é un dos cinco centros da cidade incluidos no programa de vieiros escolares seguros «facilita a conciliación familiar, ademais de promover hábitos de vida saudables e reducir o tráfico rodado na contorna dos colexios» dixo Rubén Arroxo que asegurou que esta actuación complementa o proxecto «Camiño ás Aulas».
A contratación aprobada hoxe inclúe tamén a renovación da rede de abastecemento e as canalizacións de alumeado, co obxectivo de mellorar os servizos e a imaxe da contorna.