Pablo Abuín é o novo responsábel local do BNG do Corgo

Pablo Abuín: «Afronto este reto co a ilusión e animo de expandir o proxecto do BNG a nivel local»

Pablo Abuín ven de ser escollido o novo responsábel local do Corgo. A renovación dos órganos de dirección do BNG enmárcase dentro dos traballos posteriores á XVIII Asemblea Nacional do BNG celebrada na en Santiago de Compostela neste mes de decembro .»Afronto este novo reto con ilusión e co ánimo de expandir o proxecto do BNG a nivel local»,explicou Pablo Abuín.

Deste xeito, a Asemblea Local do BNG aprobou a responsabilidade de Pablo Abuín Cedrón , que substituue no cargo a María Abuín Sanfiz como anterior responsable local, que segue como vicerresponsábel local.

A asemblea agradeceu a María todo o traballo feito nestes anos como responsábel local, posto de ocupaba dende o 2022 Agradeceu aa cohesión organizativa da equipa de traballo, o traballo feito nos procesos electorais e a activa participación en actos, mobilización e vinculación co asociacionismo por parte de la militancia .

Pablo Abuín pola súa parte agradeceu a confianza depositada pola militancia e manifestou «Quedan por diante moitos retos que afrontar nun concello gobernado por políticas inmobilistas, totalmente estancado e incapaz de resolver os problemas que sofren os veciños»

Comparte éste artículo
No hay comentarios