Fernández ten palabras de agradecemento a Castro polo seu “traballo e apoio” nunha candidatura “con ganas de impulsar Meira ante o desgoberno do alcalde socialista e o seu equipo”.
Emilio Costa, veciño de Seixosmil, incorporase como concelleiro do PP no Concello de Meira nesta segunda metade do actual mandato na que o Grupo Municipal Popular “seguirá traballando dende a responsabilidade polo impulso de Meira e os servizos aos nosos veciños e veciñas”.
O presidente do PP de Meira e portavoz municipal, Óscar Fernández, dálle a benvida ao novo concelleiro “por asumir esta responsabilidade” e destaca que “é unha persoa moi implicada co Partido e, sobre todo, moi implicada coas necesidades e demandas dos veciños e veciñas da parroquia de Seixosmil”.
Costa, que integrará o Grupo Municipal Popular de Meira xunto ao portavoz e a concelleira Sonia Folgueira, manifestou as súas “ganas” e “disposición” para traballar por Meira.
Veciño de Seixosmil e nº4 da candidatura do PP en Meira, substitúe a Enrique Castro que vén de presentar a súa renuncia como edil da corporación municipal por “motivos persoais”.
Fernández ten palabras de agradecemento a Castro polo seu “traballo e apoio” nunha candidatura “con ganas de impulsar Meira ante o desgoberno do alcalde socialista e o seu equipo”.