Arias destaca a contribución do Balneario de Lugo para enriquecer o patrimonio arqueolóxico da cidade  

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visitou hoxe as últimas escavacións arqueolóxicas realizadas no Balneario de Lugo da man do seu propietario, Antonio Garaloces, ao que agradeceu “a sensibilidade que amosa en relación ao rico patrimonio que alberga este recinto, reflectida nos valiosos elementos que foron descubertos e postos en valor en distintas campañas, especialmente as antigas termas”.

Arias gabou tamén a implicación da Fundación Luis Monteagudo nesta actuación, que  deu como resultado a exhumación dunha antiga piscina da época romana. Tamén se atoparon aras, pezas de cerámica e madeira, moedas, puntas de lanza ou de frechas e outros achados que deben ser estudados e catalogados e pasarán a ser custodiados pola Xunta de Galicia. 

O delegado territorial subliñou que o Balneario “é parte da nosa historia, tan antigo como a propia cidade, e afortunadamente segue a ser un importante activo cultural e turístico polas súas augas e pola súa contribución ao patrimonio arqueolóxico de Lugo”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios