CIG SAÚDE A Mariña acusa á Xerencia Sanitaria de practicar unha «censura pura e dura».

Para «impoñer o relato» de que temos «a mellor sanidade posible» en lugar de «acalar as críticas poñendo máis medios e profesionais», o Xerente dá Área emitiu unha instrución que censura carteis informativos nos Centros de Saúde, prohibindo aqueles que «alerten» contra o desmantelamento da Atención Primaria e a falta de garantía dunha atención de calidade.

Desde CIG Saúde A Mariña consideran que a instrución é un intento de limitar a liberdade de expresión e coartar a crítica ás actuais políticas sanitarias do Partido Popular.

«En lugar de dar resposta e atender ás demandas dos profesionais, a Ramón Ares o único que se lle ocorre é crear un pin sanitario, unha auténtica orde de censura para amordazar ao persoal», apunta a central sindical.

CIG SAÚDE A Mariña rexeita «rotundamente» a instrución emitida con data 30 de xuño por parte da Xerencia sobre carteis en centros de saúde e advirte que «non conseguirán o seu obxectivo».

«En todo caso, amplificarán aínda máis as reivindicacións de pacientes e profesionais», avisan.

Comparte éste artículo
No hay comentarios