A Xunta aborda coa Garda Civil e a Asociación de Amigos do Camiño a colaboración para impulsar unha nova ruta solidaria en Lugo

 O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, reuniuse hoxe co coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, Luis Germán Avilés, e o presidente da asociación de Amigos do Camiño de Santiago na provincia, Ángel Trabada, para abordar a colaboración nunha marcha solidaria pola ruta xacobea. No encontro acordouse ademais fixar a celebración da andaina para o último domingo de setembro.

Trátase da segunda edición desta iniciativa que impulsan conxuntamente a Garda Civil e a Asociación de Amigos do Camiño co apoio do Goberno galego e que combina a promoción dos valores das rutas xacobeas coa solidariedade.

Na primeira edición, celebrada o pasado ano, a marcha permitiu reunir fondos a favor de Aspnais e, nesta nova convocatoria, os beneficios volverán destinarse a algunha entidade social lucense.

Comparte éste artículo
No hay comentarios