O lume iniciouse ás 19.46 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 30 hectáreas.
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán da Mezquita, parroquia de Chaguazoso, quedou estabilizado ás 8.50 horas de hoxe, mércores.
O lume iniciouse ás 19.46 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 30 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 técnicos, 5 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.