O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe coa presidenta da Asociación de Viúvas da provincia, Aurora Carro, para abordar a celebración do Congreso Rexional de Viúvas de Galicia, que se desenvolverá na Delegación Territorial da Xunta.
A data prevista é o 24 de maio no Salón de Actos do edificio administrativo. A organización deste encontro na cidade coincide coa conmemoración do 50 aniversario da creación da agrupación lucense.
A xuntanza serviu tamén para avaliar as principais demandas e necesidades do colectivo de viúvas e para trasladarlles información sobre as accións e programas que o Goberno galego desenvolve para mellorar o día a día e o benestar da cidadanía.