Antonio Ameijide destacou “a importancia” para a economía da comarca e da provincia de empresas deste sector xa que “xeran postos de traballo no rural e que permiten que a xente moza poida asentar o seu proxecto de vida no rural da provincia”.
Os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Héctor Corujo, xunto ao voceiro do PP de Samos, Miguel Gallego, e concelleiros mantiveron un encontro co propietario da canteira Oribio, asentada nesta localidade, para coñecer máis de preto o sistema de traballo desta iniciativa empresarial.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destacou, en primeiro lugar, “a importancia” para a economía da comarca e da provincia de empresas deste sector xa que “xeran postos de traballo no rural e que permiten que a xente moza poida asentar o seu proxecto de vida no rural da provincia”.
Neste senso, o voceiro popular destacou que “estamos ante un novo exemplo” de que dende o rural de Lugo poden xerarse importantes iniciativas empresariaisimportantes, “capaces de xerar riqueza e emprego”, destacando como “o mercado internacional é o principal receptor dos produtos xerados nesta canteira”. “Debemos de seguir apostando pola nosa provincia, por seguir axudando á implantación de novas iniciativas, pero, sobre todo, axudar ás que xa están asentadas para que poidan seguir medrando”, destacou.
Para Ameijide “a colaboración” coas empresas xa afincadas na nosa provincia “é fundamental” xa que “teñen experiencia e coñecen como funciona o mercado e o que poden aportar á sociedade”. Ademais, o voceiro provincial popular puxo de releve que “apoiar a iniciativas deste sector, o mineiro, é axudar ao rural da nosa provincia, axudar a que os mozos regresen ás nosas orixes e inicien proxectos de vida no rural”.
Finalmente, Ameijide tamén fixo “unha chamada á reflexión” a todas as formacións políticas “empeñadas en seguir poñendo paos nas rodas ao crecemento económico da provincia de Lugo atacando a iniciativas que poden facer medrar a municipios que están a perder poboación, sobre todo, empresas relacionadas co sector mineiro”. “Gustaríamos que en lugar de criticar, primeiro se achegasen ás empresas para coñecer de primeira man o seu funcionamento, o traballo que realizan e, sobre todo, os empregos que xeran e todo o que aportan á nosa provincia”, sentenciou.