O BNG alerta ao Concello por vertedura de augas fecais preto da praia de Santo Amaro e esixe medidas inmediatas

Por medio dun rogo e dunha pregunta por escrito, o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, alerta o Goberno Local sobre unha vertedura de augas fecais no Paseo Marítimo, á altura das oficinas do cemiterio de Santo Amaro, e pídelle que adopte medidas inmediatas para lle pór fin.

A vertedura detectouse no día de hoxe, un feito grave ao se producir na proximidade da praia de Santo Amaro e nunha xornada de previsíbel grande afluencia aos areais, “polo que é necesaria a adopción de medidas inmediatas” visando garantir a salubridade das praias e a protección da saúde das persoas bañistas.

Jorquera urxe o Goberno Local a que estude as causas que provocaron a vertedura e a que faga o necesario para que non se volvan producir feitos desta natureza.

Comparte éste artículo
No hay comentarios