O menú diario consiste nun bocadillo e dúas botellas de auga de medio litro
En período de alto risco os momentos nos que as brigadas deben de actuar para extinguir incendios forestais son moi numerosos e as xornadas extremadamente longas. Á perigosa situación que supón necesariamente a lobor da extinción de incendios, súmase a desatención e o desprezo da Xunta cara aos seus traballadores.
O persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de la Xunta (SPIF) apenas recibe un bocadillo e dúas botellas de auga de medio litro por xornadas que poden prologarse até doce horas ás que hai que sumar os desprazamentos desde as bases até os focos, tendo en conta que en moitas ocasións na extinción de incendios deben sumarse efectivos desprazados de bases moi lonxanas, non so das máis próximas.
Desde a CNT denúnciase que isto significa non so un incumprimento das normas laborais e da seguridade e a saúde laboral, senón un trato humillante, inhumano e vexatorio.