Guido Guía, a Muralla Romana e o Gran Hotel, premio Travelers Choice 2025 de TripAdvisor

A través das reseñas de millóns de viaxeiros, un 10% dos aloxamentos, restaurantes, experiencias e destinos do mundo reciben anualmente esta distinción

Por cuarto ano consecutivo Guido Guía, Muralla Romana e Gran Hotel repiten o recoñecemento Travelers Choice na cidade de Lugo.

A plataforma internacional TripAdvisor, unha das máis utilizadas polos viaxeiros a nivel mundial, recoñece cada ano co Travelers Choice (anteriormente Certificado de Excelencia) a selectos aloxamentos, atraccións e servizos turísticos do mundo que amosan constantemente un compromiso coa excelencia e coa hospitalidade. Cada ano aproximadamente o 10% das empresas e recursos turísticos internacionais reciben este premio que os distingue entre os preferidos de todo o planeta.

Na cidade de Lugo foron recoñecidos, o proxecto Guido Guía (cun promedio de 5,0 burbullas), a Muralla Romana (cun promedio de 4,6 burbullas) e o Eurostars Gran Hotel (cun promedio de 4,4 burbullas).

TripAdvisor utiliza un algoritmo patentado para determinar as homenaxeadas e homenaxeados de Travelers Choice. Ten en conta a calidade, cantidade e actualidade das críticas e opinións enviadas polas viaxeiras e viaxeiros en TripAdvisor durante un período de 12 meses, así como a tendencia e clasificación no índice de popularidade do lugar.

Para ser recoñecido para Travelers Choice, unha empresa ou destino debe manter unha clasificación xeral de burbullas de TripAdvisor de cando menos catro de cinco, ter un número mínimo de opinións, e debe ter estado en TripAdvisor como mínimo 12 meses.

NA PROVINCIA DE LUGO

A nivel provincial foron recoñecidos un total de 5 aloxamentos e 7 servizos ou atractivos turísticos . Respecto do ano pasado son novidade o escape room El Secreto del Monje, o Pazo de Tor e o Hotel Playa de las Catedrales. Esta é a listaxe completa:

  1. Guido Guía (5,0 burbullas e 306 opinións)
  2. El Secreto del Monje (5,0 burbullas e 56 opinións)
  3. La Búsqueda Escape Room (4,9 burbullas e 157 opinións)
  4. Pazo de San Isidro (4,9 burbullas e 141 opinións)
  5. Pazo de Tor (4,7 burbullas e 320 opinións)
  6. Muralla Romana de Lugo (4,6 burbullas e 2231 opinións)
  7. Eurostars Gran Hotel (4,4 burbullas e 193 opinións)
  8. Parador de Monforte (4,3 burbullas e 1029 opinións)
  9. Hotel Playa de las Catedrales (4,3 burbullas e 191 opinións)
  10. Parador de Vilalba (4,2 burbullas e 678 opinións)
  11. Parador de Ribadeo (4,1 burbullas e 1099 opinións)
  12. Adega Algueira (4,1 burbullas e 134 opinións)
Comparte éste artículo
No hay comentarios