A federación de asociacións Lugo Rural Importa expresa a súa máis decidida demanda diante do Goberno de España para que Lugo sexa a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública. Esta federación adiante o seu total respaldo ás mocións en tal sentido anunciadas polo PP no Concello e na Deputación e insta ó grupo de goberno, PSOE e BNG, a apoialas. Igualmente, esta federación suma a súa voz a cantas expresaron e expresarán nos próximos días o seu apoio a esta sentida demanda dos cidadáns da provincia, en xeral, e, sinaladamente, do municipio de Lugo.
Lugo Rural Importa confía en que, contrariamente ao que é habitual, o goberno municipal lucense non falte a verdade cando asegura que ten feito un traballo previo para tramitar no seu momento diante do Goberno que Lugo sexa a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública. Para esta agrupación de colectivos veciñais espertan sospeitas algunhas das afirmacións feitas polo equipo da alcaldía, que parecen dar a entender que Lugo podería non reunir todos os requisitos esixidos para albergar a sede central da citada Axencia. Sería lamentable, e difícil de explicar aos lucenses, que o grupo de goberno en representación de tódolos lucense optarán outra vez por defender intereses de partido fronte aos intereses da cidade e da provincia.
Lugo, provincia con amplas zonas baleiradas, dispón de infraestruturas e servizos que xustifican plenamente a implantación nesta cidade da Axencia, tal como son o Laboratorio de Saúde Pública e o Centro Integral de Saúde Pola valentía de solicitar servicios axuntados ás necesidades dos lucenses