O popular incide na “contradición de Miguel Fernández: ante os medios de comunicación asegura que se vai pedir cambios no Plan Parcial á Deputación de Lugo; pero esquece que el mesmo forma parte do goberno provincial” e advirte que “o goberno de Tomé ningunea e corrixe constantemente ao alcalde de Lugo: ou minte máis que fala aos veciños ou demostra que non pinta nada nin no Concello nin na Deputación”.
O goberno provincial de PSOE e BNG está a “torpedear” o acceso á documentación sobre o desenvolvemento urbanístico que está impulsando a Deputación de Lugo en Paradai. O portavoz provincial do Partido Popular, Antonio Ameijide explicou nun encontro con veciños de Paradaique “é a terceira vez que solicitamos acceso ao expediente completo sobre o Plan Parcial do entorno do río Rato despois de que, ata en dúas ocasións, se negaran a facilitarnos o acceso a pesar de que xa é público porque xa foi trasladada a información ao Concello de Lugo”.
Ameijide incide nun novo exemplo de “falta de transparencia” por parte de José Tomé, PSOE e BNG á fronte do goberno da Deputación de Lugo. O portavoz explica que “dende o Grupo Provincial solicitamos acceso ao expediente completo o pasado 3 de xuño e só facilitaron copia da factura do pago polo servizo profesional contratado para a redacción do Plan Parcial. Reiteramos a solicitude o 9 de xullo” de acceso e copia á documentación recibida por esa Deputación tras a realización do servizo contratado consistente na “Adaptación documentos aprobación inicial plan parcial S13R ano 2018 aos requirimentos municipais. “Ehoxe, 24 de xullo, volvemos rexistrar formalmente unha nova petición”.
Ameijide sinala que “o PP comparte a preocupación dos veciños e veciñas” e por iso vén de presentar dúas iniciativas no Concello e na Deputación de Lugo para solicitar aos gobernos de PSOE e BNG que desistan da urbanización no entorno do Paseo do Rato (polígono C de Paradai e S-13-R) “ata consensuar a mellor alternativa cos veciños e veciñas”.
O popular subliña a “contradición de Miguel Fernández: ante os medios de comunicación asegura que se vai pedir cambios no Plan Parcial á Deputación de Lugo; pero esquece que el mesmo forma parte do goberno provincial”. Como xa vén advertindo o portavoz do Partido Popular na Deputación, “o goberno de Tomé ningunea e corrixe constantemente ao alcalde de Lugo. Ou minte máis que fala aos veciños ou demostra que non pinta nada nin no Concello nin na Deputación”.
O voceiro popular sinala que “queremos saber cantas vivendas contempla o Plan Parcial para poder construír nesta zona e, sobre todo, en que localización se situarán” porque “esa é a gran preocupación dos veciños do entorno e do Partido Popular”. Neste senso, “non entendemos que teñen que ocultar PSOE e BNG”.
Así mesmo, Ameijide lembra que o Paseo do Rato, “un pulmón verde na cidade que dende hai moitos anos todos os lucenses desfrutamos”, foi impulsado por un goberno do PP na Deputación de Lugo.
URBANISMO LESIVO PARA AS ZONAS VERDES
O voceiro provincial popular lembra que “o desenvolvemento urbanístico no que participan as administracións públicas gobernadas por PSOE e BNG leva anos paralizado”.
Ameijide condena que “o goberno local impulsa o desenvolvemento urbanístico que ten menos presa e máis impacto sobre zonas verdes en lugar dos que son máis necesarios, urxentes e que mellorarían a mobilidade, xerarían prazas de aparcamento e mellorarían a imaxe do casco histórico”.