O PP de Lugo denuncia o abandono dos museos municipais a través dunha serie de vídeos en redes

Os museos municipais de Lugo, que deberan ser unha fiestra ao noso pasado e un orgullo da cidade, atópanse nun estado de abandono que preocupa, avergoña e compromete a seguridade tanto de traballadores como de visitantes.

A plataforma non funciona 

Percorremos, un por un todos os centros da rede museística, e presenta a través dunha serie de vídeos que estamos compartindo nas redes sociais do Grupo Popular, a situación real destas instalacións culturais.
Os códigos QR non funcionan

Con esta iniciativa queremos poñer luz sobre o deterioro que sofren estes espazos. O Grupo Popular leva moito tempo denunciando esta situación e propoñendo unha revisión técnica integral dos equipamentos culturais e un plan de mantemento preventivo serio e calendarizado
Filtracións de auga

O concelleiro Agustín Gallego afirma que «investir no mantemento dos museos é investir na cultura de Lugo»

Comparte éste artículo
No hay comentarios