Os equipos de extinción evitaron danos maiores neste lume que se saldou sen feridos, pero con cinco coches calcinados nun aparcamento situado nunha leira próxima ao campo da festa de Queiruga, en Porto do Son.
O 112 Galicia atendeu as chamadas de varios particulares desde o punto, contra as 0:45 horas: un coche comezara a arder e había moitos vehículos estacionados ao redor.
Ao lugar acudiron os Bombeiros de Ribeira e Boiro, o GES de Noia e os axentes da Garda Civil, así como os voluntarios de Protección Civil da Pobra do Caramiñal. Tamén se desprazou unha brigada do distrito forestal da zona, dependente da Consellería de Medio Rural.
Rapidamente, os servizos de extinción controlaron o incendio e o extinguiron rapidamente, tralo que realizaron as medicións de temperatura correspondentes para evitar que as lapas se reavivasen.
Vídeo e fotografía. Bombeiros de Boiro.