Os bombeiros rescatan o corpo sen vida dunha persoa nunha zona de cantís en Porto do Son

Foi un particular quen, minutos antes das 23 horas, alertou ao 112 Galicia de que localizara o corpo sen vida dunha persoa nunha zona de difícil acceso preto da praia do Dique, en Queiruga (Porto do Son).

Nada máis recibir o aviso, desde a sala de operacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que colaboraron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros de Ribeira e Boiro, o GES de Noia e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porto do Son.

Cando chegaron ó lugar, os axentes da Garda Civil confirmaron que o corpo atopábase nun cantil, nunha zona escarpada á que non podían chegar os vehículos de emerxencias.

Así, os bombeiros trasladárono cunha padiola ata un lugar accesible, onde os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.

Foto e vídeo. ADC Bombeiros de Boiro

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios