Arteixo: Noelia Martínez, urxe ao alcalde Carlos Calvelo a regulamentar e crear un espazo para autocaravanas

A concelleira arteixá, Noelia Martínez Canosa, presentou unha moción para debater no pleno ordinario de xullo que demanda a creación dunha área de autocaravanas, vehículos tipo camper e caravanas en Arteixo e a redacción dunha ordenanza que regule o estacionando deste tipo de vehículos

“A crecente chegada de autocaravanas a todos os lugares da comarca, entre eles o noso municipio, especialmente en tempada estival e durante os festivos, está a provocar problemas relacionados co estacionamento descontrolado e o uso inapropiado de espazos públicos. Esta situación afecta tanto a imaxe do concello como á calidade de vida dos seus habitantes” apunta Noelia Martínez Canosa.

“A proposta que presentamos suxire a creación de áreas especificas para o estacionamento de autocaravanas, vehículos tipo camper e caravanas. Ademais, a área que se crease, debería poñer a disposición dos usuarios unha ampla gama de servicios como zonas de baleirado e enchido, barbacoas, merenderos, lavandería, servicios con duchas, etc…

O noso municipio dispón de zonas onde se podería situar está area para autocaravanas, vehículos tipo camper e caravanas; e onde os usuarios poderían desfrutar dun destino ideal para as súas vacacións.

Consideramos que é necesario regular o turismo itinerante en Arteixo, seguindo exemplos doutros concellos, xa que isto permitirá fomentar un turismo sustentábel e de calidade, ao tempo que se protexe o entorno natural e se contribúe ao desenvolvemento económico do municipio”  explica Noelia Martínez Canosa.

“Coa solicitude da creación desta área, tamén solicitamos a redacción dunha ordenanza municipal que regule o estacionamento e a pernoita de ditos vehículos na área de aparcadoiro e no termo municipal.

A ordenanza, establecería normas claras para reducir o impacto ambiental e urbano desta actividade.

Pensamos que coa aprobación da ordenanza no só melloraría a experiencia das persoas que practican este tipo de turismo, senón que tamén solucionaría moitas queixas veciñais que se veñen dando nos últimos anos.

A finalidade desta moción e fomentar o desenvolvemento turístico no noso municipio, especialmente coa promoción de espazos de uso público para autocaravanas cumprindo unha normativa regulada cunha ordenanza municipal”  matiza a concelleira.

Comparte éste artículo
No hay comentarios