- As catro iniciativas son: para que Lugo sexa sede da Axencia Estatal de Saúde Pública; en defensa do Paseo do Rato como espazo natural e público; reclamamos bonificacións pola inxusta suba da contribución que afecta a máis de 15Millóns de metros cadrados na zona rural de Lugo; e actualizar a ordenanza para protexer aos núcleos de proxectos como plantas de biogás
- Tamén defenderemos unha batería de rogos e preguntas sobre educación, conciliación e outros servizos básicos
4 Proposicións
- Lugo como sede da Axencia Estatal de Saúde Pública
Reclamamos que Lugo acolla esta nova axencia estatal, aproveitando recursos existentes como o Laboratorio Central de Saúde Pública e o Centro Integral da Residencia. Pedimos ao Concello e á Deputación que impulsen a candidatura de forma activa, para situar a nosa cidade como referente nacional en políticas de saúde pública. - Frenar a urbanización no Paseo do Rato e Paradai
Propoñemos deter o desenvolvemento urbanístico previsto nestas zonas e protexer os terreos como espazo público. Defendemos que se dediquen exclusivamente a zonas verdes, equipamentos ou viarios, apostando pola conservación ambiental e polo uso social desta contorna natural tan apreciada polos lucenses. - Fiscalidade máis xusta e Lugo como cidade emprendedora
Solicitamos bonificacións no IBI e eliminación da plusvalía para os propietarios de terreos afectados polo cambio de calificación urbanística, que están a pagar como urbano sen poder construír. Ademais, propoñemos que Lugo se sume á Rede de Concellos Emprendedores para atraer investimento, crear emprego e ofrecer incentivos ás empresas que aposten pola nosa cidade. - Protexer os núcleos de poboación fronte a plantas de biogás
Propoñemos actualizar a ordenanza ambiental municipal, vixente desde 1995, para impedir que se instalen plantas de biogás preto das vivendas. O obxectivo é garantir distancias mínimas entre este tipo de instalacións e os núcleos habitados, tal e como nos comprometemos cos veciños e veciñas afectadas.
Preguntas sobre:
- Sobre a situación do persoal de limpeza dos edificios e colexios municipais, preguntamos polos avances para dotar a este colectivo dun convenio propio, tal e como se aprobou hai un ano e catro meses en pleno por iniciativa do Partido Popular.
- Pedimos información sore os motivos polos que non se deu cumprimento ao acordo adoptado en xuño de 2024 para nomear fillos adoptivos de Lugo a Xesús Alonso Montero e a Rafael de Vega
- Queremos saber cales van ser as consecuencias do recurte do número de traballadores e de horas do programa Aprende Xogando, un servizo fundamental para a conciliación dirixido a nenos e nenas de entre 3 a 12 anos e que se desenvolve durante todo o ano nos centros cívicos
- Solicitamos información sobre o estado dos contadores de auga de titularidade municipal, en concreto os 922 dispositivos propiedade do concello xa superaron a súa vida útil e deben renovarse ou verificarse antes do 24 de outubro de 2025, segundo a normativa vixente. Preguntamos: “se está previsto acometer esta renovación con independencia da resolución da subvención solicitada no marco do PERTE de Dixitalización do Ciclo da Auga e se o proceso de substitución ou verificación xa comezou ou se o Concello está agardando á resolución da convocatoria”.
Rogos para:
- A iluminación eficiente nos campos de fútbol (substitución das luminarias actuais por sistemas LED co obxectivo de reducir o consumo e mellorar a visibilidade e a seguridade das instalacións deportivas. Tamén pedimos información da situación na que está a creación dun espazo de aparcadoiro ao lado do campo de fútbol de As Gándaras. Un plan urxente de mantemento nos centros escolares achegando unha listaxe completa das actuacións necesarias nos colexios públicos para garantir que todos os centros estéan en bo estado ao comezo do curso escolar; así como a retirada na pista que conecta Barbaín con Bóveda, na contorna da antiga canteira, dun vertedoiro ilegal