Hostalaría de Pontevedra: Preacordo histórico con melloras salariais e novos dereitos

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia e Sector de Hostalería FESMC UGT Pontevedra, acadamos un preacordo histórico no sector da hostalaría da provincia de Pontevedra, que estará vixente durante os anos 2024 e 2025 no que se recollen melloras salariais significativas, avances sociais clave, un novo marco de estabilidade para o persoal fixo descontinuo e unha reestruturación de categorías que supón un recoñecemento profesional real para colectivos especialmente preconizados, como as camareiras de pisos.

Mellora salarial e garantía de poder adquisitivo

O preacordo contempla unha suba salarial do 7%, repartida entre os dous anos, así como unha cláusula de revisión segundo o IPC real, que garante que os salarios se adapten á evolución do custo da vida.

Novos dereitos sociais recoñecidos

Inclúense medidas clave para a conciliación e o uso máis flexible dos permisos:

  • Permiso retribuído para acompañamento médico de fillos/as menores de 16 anos
  • Fraccionamento do permiso por hospitalización, adaptado ás necesidades da persoa traballadora e mentres persista a causa

Recoñecemento profesional das camareiras de piso

A partir do 1 de xaneiro de 2027, as camareiras de piso con 36 meses de antigüidade na empresa pasarán automaticamente ao grupo salarial 8 nos hoteis de 3, 4 e 5 estrelas, o que entendemos que é un primer paso para rematar recoñecendo en un tempo corto a especialización e responsabilidade no traballo diario de todas as persoas que exercen este importante labor na hostalería.

Esta medida acompáñase dunha reestruturación das categorías que vai supoñer a desaparición do grupo 10 e que as categoría de axudante e auxiliar, que actualmente están no grupo salarial 9, os 2 anos e acreditando a cualificación requirida, ascendan automaticamente a categoría superior. Esta modificación, xunto co cambio de grupo das camareiras de piso e o incremento pactado, tradúcese nun aumento salarial real e sostido, especialmente para os postos tradicionalmente infravalorados.

Estabilidade para o persoal fixo descontinuo

O preacordo incorpora unha regulación mínima obrigatoria para os contratos fixos descontinuos, co obxectivo de reducir a incerteza e combater os abusos nesta modalidade:

  • Para os establecementos abertos todo o ano, establécese un chamamento mínimo de 8 meses e medio anuais, ademais dun dereito económico mínimo de 20 horas semanais.
  • Para os establecementos de apertura parcial acordouse unha a escala seguinte:
    • Se abren ata 3 meses, a duración mínima do contrato será do 50%
    • Se abren 4 meses, a duración mínima será do 60%
    • Se abren 5 meses ou máis, a duración mínima será do 70%

Este sistema garante unha maior previsibilidade e estabilidade para un número crecente de traballadoras e traballadores nesta situación, reducindo a estacionalidade extrema e asegurando ingresos mínimos acordes coa actividade real.

Desde CCOO e UGT valoramos este preacordo como un exemplo de negociación colectiva útil e transformadora, que responde ás demandas históricas do sector e avanza cara a unha hostalaría máis digna, profesionalizada e sostible

Comparte éste artículo
No hay comentarios