A Deputación de Ourense reforzará a súa cooperación co COB, profundando na colaboración coa área social do club, “a mellor da súa categoría”, sinala Menor

Reunión Luis Menor (Presidente da Deputación Ourense) coa directiva do COB represetnada por Deigo González Reguira (Presidente), Moncho López Suárez (Adestradro), Jorge Silva Crespo e Gonzalo Iglesias Rodríguez (Vocais)

O presidente provincial mantivo un encontro con representantes da noxa xunta directiva do Club Ourense Baloncesto, co obxectivo de reafirmar e fortalecer o histórico apoio institucional.

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro co novo  presidente do COB, Diego González Regueira; así como co adestrador, Moncho López Suárez e cos membros da nova xunta directiva do Club Ourense Baloncesto, Gonzalo Iglesias e Jorge Silva. 

A reunión serviu para repasar a histórica colaboración que mantén a Deputación provincial “cunha entidade deportiva senlleira na nosa provincia como é o Club Orense Baloncesto”.

Tal e como avanzou Menor, “non soamente nos comprometemos a manter esa colaboración, senón que a ampliaremos na medida das nosas posibilidades”. Tamén recalcou a intención de profundar no traballo de colaboración que está a ter a institución provincial coa área social do COB, situándoa como “unha das mellores, ou quizáis a mellor área social dos clubes da súa categoría”. 

O encontro de traballo tamén serviu para abordar a ansiada volta do COB á ACB, algo que no seu momento non se puido levar a cabo por motivos extra deportivos, e para o que Menor mantén que o apoio institucional da Deputación seguirá sendo firme “para satisfacer este anhelo do deporte da canasta que existe na nosa provincia”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios