O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do Torneo 3×3 de Baloncesto Vila de Meira, que se celebrará o día 16 de agosto e conta co apoio da Xunta de Galicia.
O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 10 de agosto e as solicitudes poden formalizarse a través do enderezo de correo electrónico 3x3meira@gmail.com. Os equipos deben estar formados por entre tres e catro xogadores, e a competición organízase en cinco categorías por tramos de idade a partir dos 9 anos, sendo gratuíta a inscrición en todas elas salvo na senior (desde 17 anos).
Arias sinalou que este encontro ”é un clásico na provincia que medra cada ano en número de participantes“ e gabou a implicación do CB Vila de Meira “na promoción deste deporte e especialmente entre os máis pequenos, porque sen o deporte base non prosperarían deportistas de elite”.