Helton Leite deixa de ser xogador do Deportivo posto que o Fortaleza SC de Brasil abonou integramente a cláusula de rescisión recollida no seu contrato.
O RC Deportivo non negociou en ningún momento co Fortaleza SC e a súa intención sempre foi a de contar co porteiro brasileiro.
O Club quere agradecerlle a Helton Leite o seu traballo e profesionalidade durante a súa etapa na Coruña á vez que lle desexa moita sorte na súa nova etapa profesional.
Foto de portada: RC Deportivo