PP de Lugo: “O muro de Quiroga Ballesteros leva nove meses ameazando a seguridade do alumnado”

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo denuncia a inacción do goberno local, que, tras nove meses de aviso, mantén sen reparar o muro do colexio Quiroga Ballesteros. As fendas estruturais, causadas polas obras de peonalización, seguen sen solución, o que representa un risco para a seguridade dos escolares.

O pasado 30 de outubro de 2024, o PP rexistrou unha solicitude de intervención urxente. A portavoz, Elena Candia, alertou no pleno do risco para os alumnos e as familias, pero o goberno local restou importancia á situación. Un dos concelleiros do goberno chegou a declarar que «no existen daños estructurales como tal». Hoxe, a realidade demostra que a advertencia do PP era certa.

A día de hoxe, a situación segue sendo preocupante:

  • O muro continúa apuntalado con elementos metálicos.
  • Non se iniciou ningunha obra de reparación.
  • A comunidade educativa teme que o curso escolar comece sen garantías de seguridade.

O concelleiro Javier Vázquez concluíu que o colexio se converteu «nun símbolo do abandono institucional».

O Partido Popular esixe que o goberno local actúe de inmediato, publique un informe técnico oficial e asuma as responsabilidades políticas por esta situación de risco innecesario

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios