Arteixo: O PSOE critica a inacción do goberno no PXOM e nos deslindes municipais

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo presentará no pleno un rogo para que o goberno local actúe con premura na inspección e limpeza de fincas situadas preto de vivendas, tanto en núcleos urbanos como rurais, co obxectivo de previr incendios forestais e evitar situacións de insalubridade.

Martín Seco, voceiro socialista, lembra que a lexislación obriga a manter estas parcelas libres de maleza e lixo, e que o Concello de Arteixo asinou co FEGAMP e a Xunta de Galicia, a través de SEAGA, un convenio que recolle os mecanismos para executar estas limpezas. Ademais, o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais aprobado en 2024 establece a obriga de identificar aos titulares das parcelas incluídas nas faixas de xestión da biomasa.

“O que pedimos é sinxelo: inspeccións rápidas, requirimentos efectivos e, se non hai resposta, actuación subsidiaria a cargo dos propietarios”, afirma Seco. “Non podemos arriscar a seguridade das persoas nin permitir que a falta de mantemento das fincas provoque lumes ou poña en risco a saúde pública”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios