A Deputación da Coruña destina 2.758.778,28 euros ao impulso de 302 microempresas, pemes e persoas autónomas, a través da nova convocatoria das axudas PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO 2025. A iniciativa, dirixida a empresas situadas en concellos de menos de 10.000 habitantes, busca modernizar e consolidar o tecido económico local mediante a adquisición de maquinaria, ferramentas informáticas, mobiliario e equipamentos que melloren os procesos de xestión e información.
A contía das axudas oscila entre os 2.450 e os 17.500 euros por beneficiario e poden cubrir ata o 70 % do investimento. Todos os elementos subvencionables deben ser novos e estar directamente vinculados á actividade empresarial.
“As axudas PEL son unha ferramenta clave para promover a innovación e competitividade das pequenas empresas dos municipios do rural. Esta liña, en concreto, permite ás persoas autónomas e pequenas empresas afrontar investimentos fundamentais para modernizar os seus negocios e mellorar a súa competitividade”, destacou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
Perfil das entidades beneficiarias
O 95 % das axudas foron concedidas a profesionais autónomos/as. Ademais, un 82 % das solicitudes concedidas pertencen a sectores estratéxicos, emerxentes ou de alto potencial para Galicia. Destacan especialmente as 124 actividades do ámbito agrícola, gandeiro, forestal e da pesca.
Cómpre subliñar que o 100 % das empresas beneficiarias desta convocatoria non recibiron axudas en edicións anteriores, reforzando así o compromiso da Deputación coa diversificación do apoio ao emprendemento.
As comarcas de Santiago e Ferrol concentran o maior volume de axudas con 107 e 79 concesións respectivamente, que suman máis do 60 % do orzamento total (1.066.350,02 € en Santiago e 598.162,51 € en Ferrol). Séguenas as comarcas de Bergantiños e Costa da Morte (45 concesións e 360.446,79 €), Barbanza (34 concesións e 377.924,76 €) e A Coruña (37 concesións e 355.894,20 €).
Entre os concellos con máis empresas beneficiarias destacan As Pontes de García Rodríguez (17 axudas e 124.688,72 € concedidos), Mazaricos (16 axudas e 208.533,39 €), Dumbría e Touro (10 axudas concedidas en cada un dos concellos). En total, o 100 % das axudas repártense entre concellos de menos de 10.000 habitantes, dos cales máis do 46 % teñen menos de 4.000.
Impacto demográfico e económico
Os datos consolidan o impacto das axudas na fixación de poboación no rural e na dinamización da economía local. En concreto, 96 beneficiarios/as teñen o seu domicilio fiscal en concellos de entre 2.001 e 4.000 habitantes (31,79 % do total).
“A través do programa PEL, estamos a construír un modelo económico máis xusto e sostible, que apoia directamente ás persoas emprendedoras e reforza o papel das pequenas empresas como motor do desenvolvemento local”, sinalou a deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosa Ana García.
8.130 empregos creados ao abeiro do PEL
Desde a súa posta en marcha, o Plan de Emprego Local consolidouse como unha das principais políticas públicas da Deputación da Coruña no impulso ao emprego e ao desenvolvemento económico. En total, máis de 8.130 postos de traballo foron creados nos sectores público e privado ao longo dos últimos oito anos, grazas a este modelo de colaboración coas entidades locais e o tecido produtivo.
Listaxe completa de axudas concedidas:
TÁBOA DE DISTRIBUCIÓN DA CONCESIÓN POR COMARCAS E CONCELLOS
| Comarca | Concello | Concedidas | % concesións | Importe concedido | % Importe concedido |
| A CORUÑA | ABEGONDO | 3 | 0,99 % | 29.281,29 € | 1,06 % |
| ARANGA | 5 | 1,66 % | 53.490,50 € | 1,94 % | |
| BAÑA, A | 2 | 0,66 % | 13.370,00 € | 0,48 % | |
| BERGONDO | 2 | 0,66 % | 5.708,50 € | 0,21 % | |
| CARRAL | 6 | 1,99 % | 43.471,61 € | 1,57 % | |
| COIRÓS | 1 | 0,33 % | 17.500,00 € | 0,63 % | |
| CORUÑA, A | 2 | 0,66 % | 26.389,30 € | 0,96 % | |
| CURTIS | 7 | 2,32 % | 81.612,65 € | 2,95 % | |
| MIÑO | 1 | 0,33 % | 5.110,00 € | 0,18 % | |
| NEGREIRA | 1 | 0,33 % | 4.262,20 € | 0,15 % | |
| OZA-CESURAS | 1 | 0,33 % | 2.653,00 € | 0,10 % | |
| VILASANTAR | 6 | 1,99 % | 73.045,15 € | 2,64 % | |
| A CORUÑA Resultado | 37 | 12,25 % | 355.894,20 € | 12,88 % | |
| BARBANZA | CARNOTA | 5 | 1,66 % | 35.308,71 € | 1,28 % |
| LOUSAME | 1 | 0,33 % | 2.523,65 € | 0,09 % | |
| MAZARICOS | 16 | 5,30 % | 208.533,39 € | 7,55 % | |
| MUROS | 3 | 0,99 % | 46.550,00 € | 1,69 % | |
| OUTES | 4 | 1,32 % | 51.543,35 € | 1,87 % | |
| POBRA DO CARAMIÑAL, A | 3 | 0,99 % | 17.022,88 € | 0,62 % | |
| PORTO DO SON | 2 | 0,66 % | 16.442,78 € | 0,60 % | |
| BARBANZA Resultado | 34 | 11,26 % | 377.924,76 € | 13,68 % | |
| BERGANTIÑOS COSTA DA MORTE | CABANA DE BERGANTIÑOS | 1 | 0,33 % | 12.600,00 € | 0,46 % |
| CAMARIÑAS | 4 | 1,32 % | 31.344,90 € | 1,13 % | |
| CEE | 3 | 0,99 % | 32.900,00 € | 1,19 % | |
| DUMBRÍA | 10 | 3,31 % | 81.937,65 € | 2,97 % | |
| FISTERRA | 9 | 2,98 % | 37.290,38 € | 1,35 % | |
| LAXE | 9 | 2,98 % | 61.948,15 € | 2,24 % | |
| MALPICA DE BERGANTIÑOS | 1 | 0,33 % | 17.500,00 € | 0,63 % | |
| MUXÍA | 2 | 0,66 % | 8.789,51 € | 0,32 % | |
| PONTECESO | 1 | 0,33 % | 3.045,00 € | 0,11 % | |
| VIMIANZO | 1 | 0,33 % | 6.650,00 € | 0,24 % | |
| ZAS | 4 | 1,32 % | 66.441,20 € | 2,41 % | |
| BERGANTIÑOS COSTA DA MORTE Resultado | 45 | 14,90 % | 360.446,79 € | 13,05 % | |
| FERROLTERRA | CABANAS | 5 | 1,66 % | 25.821,65 € | 0,93 % |
| CAPELA, A | 9 | 2,98 % | 84.544,01 € | 3,06 % | |
| CARIÑO | 4 | 1,32 % | 22.891,50 € | 0,83 % | |
| CEDEIRA | 2 | 0,66 % | 14.908,75 € | 0,54 % | |
| CERDIDO | 4 | 1,32 % | 27.280,46 € | 0,99 % | |
| MAÑÓN | 5 | 1,66 % | 40.219,50 € | 1,46 % | |
| MOECHE | 8 | 2,65 % | 80.741,60 € | 2,92 % | |
| MONFERO | 5 | 1,66 % | 62.967,97 € | 2,28 % | |
| NEDA | 3 | 0,99 % | 12.552,12 € | 0,45 % | |
| ORTIGUEIRA | 8 | 2,65 % | 42.678,84 € | 1,55 % | |
| PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, AS | 17 | 5,63 % | 124.688,72 € | 4,51 % | |
| SAN SADURNIÑO | 3 | 0,99 % | 12.735,88 € | 0,46 % | |
| SOMOZAS, AS | 2 | 0,66 % | 20.160,00 € | 0,73 % | |
| VALDOVIÑO | 4 | 1,32 % | 25.971,51 € | 0,94 % | |
| FERROL Resultado | 79 | 26,16 % | 598.162,51 € | 21,65 % | |
| SANTIAGO | ARZÚA | 4 | 1,32 % | 32.295,90 € | 1,17 % |
| BOIMORTO | 5 | 1,66 % | 67.200,00 € | 2,43 % | |
| BOQUEIXÓN | 1 | 0,33 % | 7.828,28 € | 0,28 % | |
| CERCEDA | 1 | 0,33 % | 17.500,00 € | 0,63 % | |
| CORCUBIÓN | 4 | 1,32 % | 27.142,30 € | 0,98 % | |
| CORISTANCO | 1 | 0,33 % | 2.952,15 € | 0,11 % | |
| DODRO | 1 | 0,33 % | 8.771,00 € | 0,32 % | |
| FRADES | 4 | 1,32 % | 58.574,00 € | 2,12 % | |
| IRIXOA | 3 | 0,99 % | 33.411,70 € | 1,21 % | |
| MELIDE | 3 | 0,99 % | 15.538,60 € | 0,56 % | |
| MESÍA | 4 | 1,32 % | 67.900,00 € | 2,46 % | |
| OROSO | 2 | 0,66 % | 7.323,40 € | 0,27 % | |
| PADERNE | 2 | 0,66 % | 19.915,00 € | 0,72 % | |
| PADRÓN | 4 | 1,32 % | 22.523,96 € | 0,82 % | |
| PINO, O | 4 | 1,32 % | 56.000,00 € | 2,03 % | |
| ROIS | 3 | 0,99 % | 29.113,34 € | 1,05 % | |
| SANTA COMBA | 4 | 1,32 % | 39.828,81 € | 1,44 % | |
| SANTISO | 4 | 1,32 % | 46.280,50 € | 1,68 % | |
| SOBRADO | 9 | 2,98 % | 84.871,59 € | 3,07 % | |
| TOQUES | 4 | 1,32 % | 25.760,00 € | 0,93 % | |
| TORDOIA | 7 | 2,32 % | 93.886,15 € | 3,40 % | |
| TOURO | 10 | 3,31 % | 95.297,20 € | 3,45 % | |
| TRAZO | 6 | 1,99 % | 70.443,10 € | 2,55 % | |
| VAL DO DUBRA | 7 | 2,32 % | 56.565,80 € | 2,05 % | |
| VEDRA | 7 | 2,32 % | 37.616,99 € | 1,49 % | |
| VILARMAIOR | 3 | 0,99 % | 41.810,25 € | 1,51 % | |
| SANTIAGO Resultado | 107 | 35,43 % | 1.066.350,02 € | 38,73 % | |
| Total Resultado | 302 | 100,00 % | 2.758.778,28 € | 100,00 % |