O 14 de setembro, mobilización en Compostela para esixir un novo modelo forestal

A plataforma ‘Por un monte galego con futuro’ convoca unha manifestación nacional en Santiago de Compostela para o vindeiro domingo, 14 de setembro. A protesta, que comezará ás 12:00 horas na Alameda, ten como obxectivo esixir á Xunta medidas concretas para previr novas vagas de incendios e un plan de choque con axudas urxentes para as persoas e as zonas afectadas.

A convocatoria prodúcese tras o éxito das máis de 30 concentracións que a plataforma celebrou en toda Galicia o pasado 21 de agosto. ‘Por un monte galego con futuro’, que agrupa a máis de cincuenta asociacións, colectivos e organizacións, naceu en 2018 para promover a protección do bosque autóctono e unha xestión máis racional do monte. Con esta nova mobilización, o colectivo busca presionar ao goberno para que actúe de maneira eficaz ante a problemática dos incendios forestais.

Comparte éste artículo
No hay comentarios