O Pazo de Meirás será “lugar de memoria”: Besteiro pon en valor a xestión socialista

. O secretario xeral do PSdeG e portavoz do Grupo Socialista no Parlamento galego, José Ramón Gómez Besteiro, mostrou hoxe a súa satisfacción por que o pazo de Meirás vaia ser declarado lugar de memoria, logo de que o Goberno iniciase os trámites necesarios. “Éncheme de orgullo como galego e como socialista”, asegurou, ao tempo que dixo estar convencido de que “con outro goberno, de outra ideoloxía, non se tería producido”, como tampouco a recuperación do edificio.

Besteiro destacou que o pazo se vai converter nun espazo “non só de recordo e de memoria, senón tamén de divulgación e de educación”, algo sobre o que salientou a súa importancia. “Sobre todo, neste momento, cando hai 50 anos que morreu Franco, pero a ideoloxía franquista está máis fresca que nunca, abrazada por partidos de ultradereita e coa que coquetea o Partido Popular”, explicou.

Con motivo do acto que esta mañá tivo lugar no pazo sadense, coa presenza do secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, o líder socialista chamou á “responsabilidade da política e dos políticos” á hora de trasladarlles a historia ás xeracións “que non viviron a represión da Guerra Civil e da posterior ditadura”, para que evitar que eses acontecementos se volvan producir. Nese senso, valorou a Lei de Memoria Histórica e as iniciativas que permite impulsar como un “legado que deixaremos para que se saiba o que pasou, como pasou e quen o fixo”.

“Falta enorme de xestión, capacidade e competencia” do presidente da Xunta

O secretario xeral do PSdeG tamén se referiu hoxe ás declaracións de Rueda sobre a vaga de lumes que este verán arrasou Galicia. “O de onte foi o enésimo acto no que demostrou unha escasa empatía coa xente que perdeu todo nos incendios”, criticou sobre as palabras coas que o presidente da Xunta quitaba importancia aos efectos dos fogos, asegurando que calcinaran, na súa maior parte, unicamente monte baixo e pedras. Para Besteiro, o único que mostra Rueda é “unha falta enorme de xestión, de capacidade e de competencia”, xa que aproveita calquera oportunidade “para botar balóns fóra”. “A traxedia da vaga de lumes só se ve superada por que estas traxedias lle toque xestionalas ao Partido Popular”,

Comparte éste artículo
No hay comentarios