Mañá as 09.00 a comunidade educativa do CEIP Monte dos Postes de Santiago de Compostela, concentráranse nas portas do colexio para demandar á Xunta de Galicia os recursos necesarios para garantir unha atención educativa de calidade para todo o alumnado.
A situación actual é insostible, segundo manifesta a comunidade educativa, o centro precisa cando menos 2 profesoras/es máis de Pedagoxía Terapéutica (PT) e 1 especialista máis en Audición e Linguaxe (AL) para cubrir as necesidades mínimas do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Sen estes recursos, está en risco unha atención axeitada e equitativa para todo o alumnado.