Borja Iglesias. Por @DulceCorcu

No case sempre anodino mundo do fútbol profesional, as opinións do xogador do Celta de Vigo Borja Iglesias, son habitualmente unha especie de verso solto nesa marexada do políticamente correcto que abunda nas declaracións dos futbolistas máis reclamados polos medios. Iso, é que non ten problema en saltar ao terreo de xogo coas unllas pintadas fano completamente diferente, o que supón ser branco de críticas, brincadeiras e tamén, algunhas louvanzas nese escaparate despiadado que son as redes sociales.

Non parece permeable a unhas cousas nin outras, e segue na súa liña de pensamento, que vén de facelo protagonista de novo ao ser preguntado nunha entrevista polas protestas na Volta ciclista en contra do xenocidio que Israel está a perpetrar contra Palestina. Declara que non entende que sexa máis importante parar un evento deportivo que deixar de matar xente. Que parece algo moi sensato, pero á vista está que segue habendo unha boa parte da sociedade que non o entende. Borja Iglesias foi dos pouquísimos no seu día que ousou recriminar a Rubiales o seu machismo, e posicionarse coas compañeiras xogadoras da Selección española. Xestos que non lle perdoan desde determinados ámbitos e foros, pero que tampouco parecen quitarlle o sono. O sentido común non está de moda nun deporte onde saír do rego é quedar á intemperie. Tantos anos despois, o que acontecera con Nacho aínda está lonxe de que non volva a pasarlle a ninguén. Porque está feo que os xogadores mesturen o fútbol coa política, que iso de toda vida faise nos palcos, que nunca sabe un onde sae o de asinar un negociete. Borja Iglesias xa está novamente en boca de fascistas, racistas e homófobos que non soportan que alguén con relevancia profesional e mediática diga o que tantos do seu gremio calan. Quizais por covardía, pero tamén principalmente por ignorancia, pouco acostumados a ver máis lonxe do seu embigo e o  reducido círculo de luxo e adoradores no que respiran. Son poucos, si….Pero cando falan, alomenos no caso de Borja Iglesias, poñen todo un país patas arriba.

Comparte éste artículo
No hay comentarios