Numerosos expositores amosaron diferentes artigos elaborados con lá de ovella e o evento foi seguido por abundante público
O II Foro da Lá celebrarase durante a fin de semana na praza de Abastos e achega os usos da la das ovellas á cidadanía. Tratase dunha iniciativa de OVICa – Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia.
Durante a fin de semana o público poderá visitar exposicións e postos de venda arredor do mundo da la, asistir á proxección de documentais relacionados coa gandaría e participar nunha mesa redonda sobre a viabilidade de instalar un lavadoiro de la en Galiza. Ademais, o foro incluirá propostas musicais e narración oral para animar a xornada.