UCIN Galicia celebra a súa executiva en Santiago cunha mensaxe clara: a “Cuarta Vía” está máis forte que nunca

A formación política Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) celebrou esta fin de semana a súa Reunión Executiva en Galicia, coa participación de representantes autonómicos, para definir as liñas estratéxicas do partido de cara ás próximas eleccións galegas. José Luis Calo coordinador UCIN Galicia, Silvia Gómez concelleira concello de Tordoia, Diego Adrián Mallo coordinador UCIN Santiago de Compostela, Alejandro Regueiro coordinador UCIN Teo, Alfonso Hortas coordinador UCIN Lugo, Marcelino Giraldez, coordinador UCIN Mos e Maria del Carmen Díaz.

UCIN Galicia traballa para ofrecer á cidadanía unha alternativa real fronte ao bipartidismo tradicional e ao nacionalismo do BNG, presentándose como unha cuarta vía política capaz de representar a todos os galegos e galegas, sen exclusión nin etiquetas ideolóxicas.

Durante o encontro definíronse varias liñas de traballo prioritarias, entre as que destacan:

  • A defensa dunha Galicia unida, sen divisións nin bloques enfrontados.
  • Un modelo de xestión pública centrado nas persoas, afastado das estruturas de partido tradicionais.
  • Un compromiso firme co municipalismo, a transparencia e a participación cidadá.
  • A elaboración dun programa realista, pegado ao territorio, construído desde as necesidades de cada comarca galega.

UCIN preséntase como o único partido verdadeiramente independente con capacidade real de acceder ao Parlamento de Galicia, grazas a un modelo baseado na proximidade coa veciñanza e na defensa dos intereses locais por riba das consignas estatais.

Con 66 cargos electos en toda España, UCIN é agora o partido independente con maior representación institucional do país, e busca agora consolidar ese apoio cidadán tamén en Galicia. O seu coordinador en Galicia, José Luis Calo, manifestaba ao remate da xuntanza, «Galicia precisa unha alternativa que non sexa nin o bipartidismo de sempre nin o nacionalismo excluínte. Somos unha cuarta vía, galega, plural e independente. En UCIN defendemos unha política útil, feita desde abaixo, centrada nas persoas e nos concellos. Non vimos a dividir, vimos a sumar, a construír unha Galicia para todos e todas, sen etiquetas nin imposicións.”

A reunión serviu tamén para pechar próximas visitas a diferentes puntos do territorio galego, así como para iniciar os preparativos do programa electoral co que a formación concorrerá ás eleccións municipais e autonómicas.

Desde UCIN Galicia, José Luis Calo fai un chamamento a todos os galegos e galegas que cren nunha política útil, moderada e sen confrontacións, a construír conxuntamente esta nova etapa. Unha Galicia para todos, con voz propia e sen imposicións externas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios