Dende a Asociación de Empresarios de Muimenta, estamos a organizar unha charla informativa sobre o AGRUPAMENTO VOLUNTARIO DE TERRAS, que terá lugar este martes 16/09, a partir das 11 da maña no Salón de
Actos da Casa da Cultura de Muimenta.
A charla é aberta para todo a xente que queira acudir á mesma sexa de onde sexa veciñ@ e correrá a cargo da Subdirectora e Mobilidade de Terras, Dona Irene López Campos, e polo Xefe de Área de Xestión de Mobilidade de Terras, Don Carlos Díaz Redondo. Estarán acompañados pola Presidenta de AGADER, Dona Paz Rodríguez Rivera, así como pola Xefa de Servizo de Infraestructuras Agrarias en Lugo, Dona María Pérez Folgueira.
O Colectivo Empresarial de Muimenta, que engloba aos gandeir@s, foi coñecedor do programa que a Xunta de Galicia, que a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), realiza para o AGRUPAMENTO VOLUNTARIO DE TERRAS, considerando que o mesmo poría ser interesante para todos os nosos asociados e asociadas, así como da veciñanza en xeral.
As permutas de interese agrario son unha ferramenta eficaz para a mobilización de terras. Grazas a este instrumento, @s propietari@s de fincas rústicas podrán intercambiarlas mediante mutuo acordo, mellorando a productividade das exprotacións agrarias.
Organiza a Asociación de Empresarios de Muimenta en colaboración con AGADER da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e o Concello de Cospeito.