Antonio Ameijide lembra que “o reparto de menores é unha imposición do Goberno de Sánchez co beneplácito de PSOE e BNG”

O portavoz do Grupo Popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, lémbralle a Tomé que o actual reparto de menores entre as CCAA é “unha imposición do Goberno de Sánchez” que “ten previsto trasladar a Galicia un total de 317” mentres que non prevé trasladar ningún a Cataluña e ao País Vasco”.

Ameijide subliña que “dende o PP consideramos inxusta esta imposición sen contar coas CCAA, pero PSOE e BNG votaron a favor no Congreso dos Deputados, evidenciando unha vez máis que é cómplice de Sánchez. Co beneplácito de socialistas e nacionalistas, entendemos que o PSOE lucense e o seu secretario xeral que é alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, tamén está de acordo coa chegada destes menores a Galicia, a Lugo e a Monforte e estará disposto a colaborar”, engade Ameijide. “E se non o está, ten fío directo con Sánchez para pedirlle que corrixa ese reparto”.

O popular indica que, “unha vez establecido o reparto, toca que tódalas administracións se impliquen e colaboren” porque é fundamental para a integración dos menores. Así, pon como exemplo á asociación Prodeme “que ofreceu un espazo da súa titularidade en Monforte, idóneo para acoller aos menores e que contará con 80 prazas”. Ameijide incide en que “é unha imposición do Goberno de Sánchez. Galicia non os trae. É máis, vese obrigada a cambiar o seu modelo de protección da infancia e integración social que funcionaba ben -como, por exemplo, os pisos tutelados de Burela- e poñer en marcha centros

Comparte éste artículo
No hay comentarios