José Luis Novo Teijeiro incorporase á Comisión de Pequenos Concellos do PPdeG

José Luis Novo Teijeiro entra a formar parte da Comisión de Pequenos Concellos do PPdeG e a reforzar tamén a Xunta Directiva do PP da provincia de Lugo. Tras este nomeamento deixará as súas responsabilidades no Concello de Rábade onde era tenente da alcaldesa, Remedios González, e entrará a formar parte da corporación o seguinte na lista, Juan Baroja Ortíz.

Dende o PP lucense indican que este nomeamento é “un sinal de apoio e aposta por persoas que demostran fidelidade ao noso proxecto”. Ademais, destacan “a súa vontade de traballo e a súa vocación de servizo público” cualidades que, sen dúbida, resultan de interese para traballar dende a Comisión autonómica do Partido Popular polos municipios pequenos e rurais, como son a maioría dos concellos da nosa provincia. E engaden que “coa súa experiencia de goberno” contribuirá a achegar coñecementos sobre as necesidades reais dos municipios da Galicia menos poboada.

Novo amosa o seu agradecemento pola “confianza” para este nomeamento e comprométese a traballar “con responsabilidade” do mesmo xeito que no Concello de Rábade, “unha etapa gratificante para min pola cercanía cos veciños e pola oportunidade de servir ao meu pobo”.

De feito, tivo participación activa en proxectos importantes para Rábade que o goberno local desenvolverá nos 2 últimos dous anos de mandato coma o PXOM, o decantador, melloras na ETAP e na avenida de Vilalba.

Pola súa banda, a rexedora rabadense, Remedios González, agradécelle “a súa dedicación durante este tempo e deséxalle sorte nesta nova etapa”.

Asesor fiscal e corredor de seguros xubilado, Novo era o responsable das áreas económicas e de persoal no goberno municipal de Rábade, despois de resultar elixido concelleiro ao concorrer como número 3 da candidatura do Partido Popular nas últimas eleccións municipais. Tamén formou parte da candidatura lucense do Partido Popular ás últimas autonómicas como número 12 da lista.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios