Oscar Insua arrincoulle o compromiso ao goberno da Xunta para a construción do novo centro de saúde fisterrá, poñendo fin a dúas décadas de espera e dar «por fin unha alegría aos veciños e veciñas de Fisterra».
Oscar Insua presentou na Comisión 5ª Sanidade, Política Social e Emprego unha Proposición Non de Lei para impulsar a construción do novo centro de saúde de atención primaria de Fisterra, unha reivindicación veciñal que leva máis de vinte anos de retraso e promesas incumpridas, e que logrou saír adiante por unha unanimidade.
Insua relata con detalle o «auténtico despropósito» que supón o actual centro de saúde, situado nun edificio do Instituto Social da Mariña de máis de 40 anos, sen accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, con consultas obsoletas e onde non cabe unha padiola. Insua lembrou que o Sergas xa tiña orzamentados 600.000 euros para esta obra en 2006, pero a falta de acordo na localización paralizou o proxecto.
O deputado nacionalista fixo un percorrido pola «hemeroteca» de promesas incumpridas do PP. Recordou especificamente o anuncio «con toda a plana» do PP en 2011, cando a entón conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e o presidente de Portos de Galiza, Xosé Manuel Álvarez-Campana, asinaron un convenio para construír o centro cun orzamento de 1,5 millóns de euros, prometendo a súa finalización para ese mesmo ano. «Todo foi propaganda, pura e dura. Ese convenio nin se publicou nin se materializou», denunciou Insua con dureza.
Unha proposta clara e un ultimato ao Goberno
Finalmente, a través dunha proposta de transacción que foi aprobada por unanimidade, Insua explicou que se impulsarán as xestións necesarias para a construción dun novo centro de saúde no concello de Fisterra para este fin, encargarase a redacción do proxecto de execución, tan pronto o Concello ceda formalmente a parcela e dotarasenos vindeiros orzamentos para o ano 2026 unha partida orzamentaria suficiente que permita impulsar o centro de atención primaria.
A proposta do BNG busca poñer fin a dúas décadas de espera e dar «por fin unha alegría aos veciños e veciñas de Fisterra», exixindo ao Goberno galego que traduza os seus discursos sobre o impulso demográfico en accións concretas e financiadas.