Amigas das Árbores: “Debe depurarse a responsabilidade”: a veciñanza de Pantón apunta ao ferrocarril como causa do lume

Comezo do lume de Ferreira de Pantón nos Canóns do Sil-Ribeira Sacra. Incendio con «foco inicial» a carón das vías de ADIF presunto mais todo indica, como ten pasado outras veces, co incendio foi producido por actividades de mantemento das vías ferroviarias, por material rodante en mal estado de RENFE ou de algunha das empresas ferroviarias privadas que circulan pola liña férrea de Ourense a Monforte.
Un puntal básico na prevención de incendios forestais é a investigación das causas dos mesmos. Os incendios están establecidos como delictos no código penal e deben ser investigados e porlle «nome e apelidos» a cada un deles: motivacións, se son intencionados, por accidente, neglixencias…Débese enxuizar aos causantes, depurar responsabilidades, asumir os costes dos gastos de extinción, indemnizar os danos económicos, ecolóxicos e sociais producidos. Pondo en práctica o principio de precaución, establecer medidas de prevención para que non se volvan producir estes sinistros previsibles e evitables.
Agardemos se faga unha boa investigación e sepamos quen foi o causante ou causantes deste incendio que calcinou un dos ecosistemas e das paisaxes de máis valor do conxunto da Ribeira Sacra.

Imaxe do incendio de Ferreira de Pantón nos Canóns do Sil-Ribeira Sacra ás 22:53 horas do 18 de setembro do 2025. Aldeas en perigo, interrumpido o tráfico ferroviario, gastos de extinción…Outro incendio que vai deixar unha forte pegada paisaxística e medioambiental neste ecosistema único.
Menos mal que comezou a chover de mañanciña do contrario…

Comparte éste artículo
No hay comentarios